Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de outubro

9.00 h.
No Hotel Ritz (Madrid), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao almorzo informativo ofrecido por Nueva Economía Fórum no que actuará como ponente o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

10.15 h.
Na Casa do Concello, Consello de Administración de Tussa.

10.45 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa subsecretaria de Economía do Ministerio de Economía e Facenda, Juana María Lázaro.

11.30 h.
No Teatro Principal, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o subdirector xeral da Secretaría de Benestar da Vicepresidencia da Xunta, Jorge Rubén Sampedro, presentan a primeira xornada do programa "As Grandes Curtas", no que 60 persoas maiores da provincia de Lugo asistirán a unha proxección de curtametraxes e logo farán unha visita guiada pola cidade.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

20.30 h.
No CSC do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición fotográfica do I Certame MúsicaXove’08 e preside a entrega de premios.

Feira Galegas das Artes Escénicas
10.30h. Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Game Over de caChuzo 12.00h. Na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, Tradicción de Nova Galega de Danza. <80\'>

Compartir: