Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de outubro

10.45 h.
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, visita as obras da Galescola do Polígono do Tambre. (Enviarase foto).

11.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras da antiga escola da Portela (Figueiras) na que se ubicará a Aula de Coñecemento do Medio Rural.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h. (aprox)
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento da área de economía, Cecilia Sierra, sobre as ordenanzas fiscais.

14.30 h.
No Restaurante Carretas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á comida-homenaxe ao xefe de Bombeiros, Cesáreo Rey, xubilado este ano.

18.00 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as primeiras Xornadas Municipais de prevención da Drogodependencia, organizadas pola UMAD.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación de Hostalería Nocturna.

18.00 h.
No CSC da Trisca, Contacontos de Migallas dentro do programa Letras Vivas.
21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia. Galicreques 2008
11.00h. No Teatro Principal, Los hijos del viento de La Rana Sabia
11.00h. Na Arteria Noroeste, Se os canguros puideran voar de Theater PassPartu.
18.00h. Na Praza do Toural, Obradoiros de monicreques para nenos e nenas.
18.00h. Na Praza das Praterías, Marionetas de Sri Lanka de Sry Anura Puppet Society.
18.00h. No Parque da Alameda, El sueño de papá Topolino de Teatro Risorius.
19.00h. Na Arteria Noroeste, Sueño de una tarde de verano de Erre Ke Erre.
19.15h. Na Praza do Toural, The swinging marionettes de Pavel Vangeli.
21.00h. No Teatro Principal, Típico Tópico de Cachirulo.

Compartir: