Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de xaneiro

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h.
VII Festival de Zarzuela
No Teatro Principal, concerto de peche do VII Festival de Zarzuela de Santiago. Isabel Monar, soprano; José Antonio López, barítono; Vicente David Martín, piano; e Lucho Aguilar, contrabaixo, interpretan pezas do musical americano: Weill, Bernstein, Porter, Gershwin...

Reis Magos 2008

17.00 h.
Carteiro Real e animación na praza do Toural.
20.00 h.
Actuación da Coral Alfaia na praza do Toural.

Compartir: