Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de xaneiro

12.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe do delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, un novo vehículo da Dirección Xeral de Tráfico, equipado para realizar controis de alcoholemia. Tamén asiste ao acto o xefe provincial de tráfico, Pedro Pastor del Castillo.

21.00 h.
VII Festival de Zarzuela
No Teatro Principal, concerto do VII Festival de Zarzuela de Santiago. Alexandra Rivas, mezzosoprano, e Kristin Okerlund, ao piano, interpretarán pezas de Opereta vienesa e francesa: Lehar, Strauss, Offenbach...

Compartir: