Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de xaneiro

11.00 h.
No Colexio de San Xerome, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade Cursos Internacionais.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; do xerente do Multiusos do Sar, Santi Cuadrado; e do director do CETUR, Xosé M. Santos, para presentar os resultados do informe no que se analiza a repercusión socioeconómica dos principais espectáculos que se desenvolveron no Multiusos do Sar no 2007.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar a programación do primeiro semestre de Sons da Diversidade 2008. Na rolda estarán tamén o xerente do Auditorio, Pablo Rodríguez e Ana Salgado, da Fundación Caixa Galicia, que patrocina o ciclo.

16.30 h.
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, acompañado de varios concelleiros, reúnese coa asociación de veciños "A Ponderosa", de Guadalupe (Local social: Camiño dos Vilares, 1)

20.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á "Noite dos Autores", acto no que a Sociedade General de Autores y Editores lle outorgará o Premio SGAE ao Empresario Público.

21.00 h.
Teatro
No Teatro Principal, función de Teatro do Noroeste coa súa nova obra Extrarradios. Comedia das mulleres desamparadas.

Compartir: