Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de xaneiro

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, para presentar os Cursos de Condución Eficiente, que se celebrarán en Compostela do 11 ao 13 de febreiro. Na rolda estarán tamén Xoán Ramón Doldán, director do INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), e Verónica Campos, responsable destes cursos no CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo popular municipal, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños Casa Agraria para presentarlle o Plan parcial do SUD-4 da Pulleira.

20.00 h.
Na Zona "C", o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Albergues Transitorios, de Santi Jiménez. Na inauguración estará tamén o artista.

21.00 h.
Teatro
No Teatro Principal, estrea de Extrarradios. Comedia das mulleres desamparadas, a nova obra teatral de Teatro do Noroeste.

Compartir: