Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de xaneiro

9.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso.

11.30 h.
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello Xacobeo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar a obra teatral Extrarradios. Comedia das Mulleres Desamparadas, de Teatro do Noroeste, que se estrea o mércores no Teatro Principal. Na rolda estarán tamén Eduardo Alonso, director da peza, e Luma Gómez e Victoria Pérez Varela, actrices da mesma.

12.30 h.
No Centro Sociocultural de Vite, o concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, inaugura a exposición fotográfica "120 anos de ciclismo en Galicia", enmarcada dentro da campaña Ciclismo no meu concello, organizada pola Fundación Ciclismo Galego. Asisten: o xerente do Karpin Galicia, Rodrigo Costas, os directores deportivos, Xesús Blanco Villar e José Ángel Vidal, e o director de Merlín Comunicación, Gustavo Adolfo Garrido.

Compartir: