Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de setembro

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a campaña "Vivir Compostela". Asisten: o director xerente da Fundación da Cidade da Cultura de Galicia, Francisco Carracedo, e o xerente de Incolsa, Iñaki Gaztelumendi.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar a obra teatral Hendaya, mon amour, que a compañía Bacana interpretará sábado e domingo no Teatro Principal. Na rolda estará tamén César Goldi, un dos protagonistas da obra.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h.
Na sede do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais (rúa Ramón Piñeiro, 5), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de nomeamento de Luis Toxo como Colexiado de Honra.

Compartir: