Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de setembro

9.45 h.
Visita ás empresas nacidas a partires do proxecto Equal, na que participarán os alcaldes da Comarca e, por parte do Concello de Santiago, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
Punto de encontro: hotel NH Obradoiro.

11.45 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos membros da Asociación de Diabéticos de Puertorreal, que fixeron o Camiño de Santiago desde Ponferrada.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a 7ª edición do programa educativo "Coñecer as Cidades Patrimonio".

18.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao decano da facultade de Ciencias da Comunicación, Miguel Túñez, e aos profesores Xosé López e Xosé Ramón Pousa, para falar do congreso I+C (Investigar a Comunicación), que terá lugar en Santiago.

Compartir: