Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 6 de agosto

10.00 h.
Na Casa do Concello, sesión ordinaria da Xunta de Goberno local. (Enviarase resumo dos acordos adoptados).

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao artista Manuel Bonome Abeledo.

20.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación dos tres volumes da historia de Música en Compostela.

Compartir: