Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de xullo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Mobilidade, Marta Álvarez-Santullano, e de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, para presentar o Plan de Tráfico para as obras da rúa Valle-Inclán.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente, Marcos Montero, e ao secretario xeral da Confederación Española de Transporte de Mercancías, Miguel Valverde Jiménez.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, para presentar os novos elementos do Parque da Constitución, que se inauguran o venres ás 18.30 h.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez, e Alfredo Saborido, representante da Federación Aturuxo, para presentar os actos que se celebran o sábado con motivo da celebración en Compostela do Día do Orgullo LGBT.

13.45 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a 100 escolares que están a participar desde o 27 de xuño no espazo de aventura "Camiño de Encontros", unha actividade que organiza a Obra Social de Caja Laboral e que ten como dúas grandes referencias a convivencia entre os mozos e a ruta do Camiño de Santiago de Compostela.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Director: Casiano Mouriño Maquieira. Programa:

20.00 h.
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á recepción que ofrece o Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo con motivo da conmemoración da Festa Nacional de Venezuela ao cumprirse 196 anos da Declaración de Independencia (5 de xullo de 1.811).

Compartir: