Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 31 de xullo

12.00 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, para facer balance das Festas do Apóstolo 2007.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao novo Valedor do Pobo, Benigno López González.

20.30 h.
Na Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Ribeira), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta a obra gráfica do gravador e pintor Manuel Facal.

Festas do Apóstolo 2007

13.00 h.
Animación de rúa. Grupos de gaiteiros.

21.00 h.
Música no Toural. Grupo de Mariachis "Sol de mi tierra".

22.00 h.
Orquestra París. Paseo Central da Alameda.

23.00 h.
FOGOS FIN DE FESTA. Escalinata do Campus Universitario.

23.30 h.
Compostela Festival. DIOS SALVE A LA REINA. TRIBUTO A QUEEN. Praza da Quintana. Entrada libre.

Compartir: