Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de xullo

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, acompañado de representantes da asociación de empresarios e da USC, para presentar a resolución da convocatoria de axudas a empresas do programa de excelencia académica Manuel Caeiro.

11.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente do Instituto Cubano do Libro, Iroel Sánchez, e ao cónsul xeral de Cuba, Alejandro Fuentes Hernández.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a un grupo de peregrinos da asociación Monte Urba de La Bañeza e ao seu alcalde, José Miguel Palazuelo.

18.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao rexedor da cidade italiana de Assisi, Claudio Ricci.

21.00 h.
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o concerto da Real Filharmonía de Galicia con motivo da Festividade do Apóstolo Santiago.

Festas do Apóstolo 2007

12.00 h.
Animación de Rúa. Grupos de Gaiteiros. Encontro de Xigantes e Cabezudos de Santiago.
Praza da Quintana. Sesión de pirotecnia entre o Cabildo e o Concello.

18.00 h. a 21.00 h.
Ferradura Aberta. Na Alameda.

23.30 h.
ESPECTÁCULO EXTRAORDINARIO DE LUZ E SON. QUEIMA DA FACHADA GÓTICA.
Praza do Obradoiro.

24.00 h.
Compostela Festival. ORISHAS. Praza da Quintana. Entrada libre.

24.00 h.
Orquestra Lamas. Paseo Central da Alameda.

1.00 h.
Compostela Festival. THE ELLAS. Prazao do Toural.

Compartir: