Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de xullo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do Grupo municipal popular responsable do seguimento de Servizos, Amelia González, para presentar unha iniciativa relativa a esta área.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e o presidente da Fundación Vía Galego, Carlos Callón, asinan un convenio de colaboración.

17.00 h.
Na Casa do Concello, constitución da Comisión Asesora do Casco Histórico.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á cantante mexicana Julieta Venegas. A continacion, ROLDA DE PRENSA da artista e do concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o concerto que terá lugar esa mesma noite na Praza da Quintana.

23.00 h.
Na Praza da Quintana, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto de Julieta Venegas.

Festas do Apóstolo 2007

18.00 h. a 21.00 h.
Ferradura Aberta. Alameda.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música.

20.30 h. a 3.00 h.
Noites na Alameda.

22.30 h.
CURTOCIRCUÍTO. Panorama Latinoamérica. Praza das Praterías

23.00 h.
COMPOSTELA FESTIVAL. JULIETA VENEGAS en concerto. Praza da Quintana.

Compartir: