Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 30 de xuño

11.00 h.
Na Casa do Concello, a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, recibe a un grupo de 40 médicos que cursaron os seus estudos na Facultade de Medicina da USC, con motivo do 35 aniversario da súa promoción.

22.30 h
Na praza da Quintana, Musigalizando, concerto de música de cine organizado pola Asociación Cultural-Musical Solfa. Interpretan músicos do Grupo Instrumental de Solfa, Banda da Escola de Música de Rianxo e Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia.

Compartir: