Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 26 de xuño

11.15 h.
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugura a Escola de Verán 2007 no CEIP de Fontiñas. Tamén visitará os colexios de Pío XII, Quiroga Palacios e Sar.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.00 h. da Praza do Obradoiro.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde recibe á presidenta de AGADEA (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos de Alzheimer), Isabel Gey.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar o Formaclown 2007, apartado formativo do Festiclown. Na rolda estará tamén Fran Rey de Cooperactiva Cultural.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro popular Javier Sánchez-Agustino para presentar varias mocións que o Grupo Municipal popular levará ao vindeiro pleno ordinario.

17.00 h. (ata as 21.30 h.)
No Teatro Principal, xornadas "Reflexos. Recuperación dunha cidade". Entrada libre e de balde.

Compartir: