Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 18 de xuño

12.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos organizadores dos V Encontros Internacionais de Arquitectura, que van ter lugar en Santiago o vindeiro mes de novembro.

19.00 h.
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do Foro Galego do Audiovisual.

20.30 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega dos "Premios Galicia en Goles", Temporada 2006/2007

Compartir: