Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de decembro

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos novos presidentes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca (Restauración e Hospedaxe), Jesús Sordo e José Antonio Liñares.

12.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fará entrega dunha ambulancia á Cruz Vermella.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para facer balance da XXI edición de Cineuropa. Na rolda estará tamén o director do festival, José Luis Losa.

20.30 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á preestrea do filme Donkey Xote, de Filmax Entertainment. Tamén asiste o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Néstor Rego.

Compartir: