Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de decembro

9.30 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Explicación por parte do goberno municipal das medidas a adoptar para tratar o "fenómeno do botellón".

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Educación, Guadalupe Rodríguez; de Deportes, Andrés Fariña; e de Mocidade, Xosé Baqueiro, para presentar "Nadalxogo 2007".

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar a 2ª edición da Carreira Ciclista das Estrelas, actividade organizada pola Asociación Galega de Ciclistas que se desenvolverá en Santiago o domingo día 23 e que ten carácter benéfico.

13.00 h.
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local. Enviarase resumo dos acordos adoptados.

14.00 h.
No Salón Nobre, recepción de Nadal aos traballadores municipais.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Concerto de Nadal da Real Filharmonía de Galicia.

22.30 h.
Na Sala Capitol, concerto de Codename e Pa La Peña (PLP), grupos usuarios dos Locais Municipais de Música para a Xuventude de Compostela. Entrada libre e de balde, previa recollida de tíquets no CSC e Xuvenil Municipal O Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16. Teléfono 981 543 001).

Compartir: