Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de decembro

11.30 h.
Na sede do antigo Banco de España, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa de visitas de familias durante o Nadal á exposición SantiagoDC e a memoria do programa de visitas didácticas de escolares a esta mostra.

12.00 h.
Na sede da Fegamp (rúa Varsovia, 4C, 6ª Planta, Área Central), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva da devandita entidade.

12.00 h.
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (vía Edison, 1), o vicepresidente da Fundación Compostela-Deporte e concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, inaugura o I Foro Empresa-Deporte.

13.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción de Nadal aos xubilados municipais. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo fará entrega dunha placa conmemorativa aos xubilados neste 2007.

17.00 h.
Na praza do Toural, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, visita, xunto co director xeral de Xuventude e Voluntariado, Rubén Cela, os stands do Comercio Xusto que están toda a semana na praza dentro do ciclo "Conversas con…". Asistirá tamén Félix Castro, da Coordenadora Galega de ONG´s.

19.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia que, con motivo do XX aniversario da declaración do Consello de Europa sobre o Camiño de Santiago, pronunciará Marcelino Oreja baixo o título "A conciencia de Europa naceu peregrinando a Santiago".

20.00 h.
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios Vagalume 2007.

21.00 h.
No Hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega dos premios Manuel Beiras.

Compartir: