Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de decembro

Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico
9.00 h.
En Rennes, o alcalde compostelán e presidente da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, preside o Buró Executivo da devandita entidade.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA, da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, acompañada da directora da UMAD, Pilar Bermejo, para presentar a Campaña de Prevención do Alcoholismo Xuvenil "Xoga sen grados".

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Compartir: