Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 16 de decembro

12.00 h.
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira. Director invitado, Javier Viceiro-Filgueira.

20.30 h.
No Teatro Principal, Implícate 07. Noite de Música e Palabra Solidaria, promovida por Implicad@s no Desenvolvemento. Gala presentada por Yolanda Castaño e Isabel Blanco na que estarán, entrre outros, Loretta Martin, Espido, Nova Galega de Danza, Paula Carballeira ou Miguel Anxo Fernán-Vello.

Buró Executivo da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico
18.30 h.
En Rennes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co alcalde da cidade, Edmond Hervé, tamén presidente de honra e fundador da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, e xuntos visitarán o centro cultural "Les champs libres"

Compartir: