Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de decembro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar unha nova edición de "Nadal de Danza".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de Xuventude, María Seoane, para presentar unha iniciativa relativa a esta área.

17.30 h.
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita a rúa da Canteira, no barrio de San Lázaro.

19.30 h.
En Volta do Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o novo centro Eroski.

20.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Corpos reflexivos e ao acto performativo da Compañía BStudiodanza, creado e dirixido por Dolores Mayán. A exposición poderá verse no centro ata o vindeiro 26 de decembro.

20.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compotelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á IV Edición dos Premios Granito Galego, organizada pola Asociación Galega de Graniteiros, na que se outorgará o galardón "Concello de Pedra" ao Concello de Santiago de Compostela. O premio concédese a aqueles municipios cuios planeamentos urbanísticos teñen o granito como protagonista.

Compartir: