Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de outubro

11.30 h.
Na carpa instalada na avenida Marqués de Sargadelos (Campus Sur), a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, e o presidente do Real Automóbil Club de Catalunya, Sebastián Salvadó Plandiura, inauguran a exposicion itinerante "RACC, 100 anos de confianza", actividade que se enmarca dentro colaboración establecida entre o Real Automóbil Club e o Departamento de Educación para a campaña de educación viaria e na autoprotección

12.30 h.
Na Casa do Concello, sinatura dun convenio sobre un ciclo de curtametraxes para nenos no marco de Curtocircuíto. Asinarán o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, María Xosé Pérez Mariño; e a directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto.

12.30 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co director xeral de Defensa, Jaime Denís Zambrana.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemente Sostíbel, Elvira Cienfuegos; do decano da Facultade de Farmacia, José Miñones; e do delegado de zona de Caixanova, Gabriel González, para presentar o concerto de Milladoiro que se celebra o xoves no Pazo de Congresos con motivo dos 150 anos da Facultade de Farmacia. Na rolda estará tamén Moncho, compoñente do grupo.

19.30 h. (hora local)
Na Igrexa de San Bartolomé (Nova Iorque), o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez, asisten ao concerto de Música Antiga do Orfeón Terra a Nosa e a Capela Compostelana.

Compartir: