Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de outubro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular responsable do seguimento de muller, Paula Prado, para presentar unha iniciativa da súa área.

12.00 h.
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña, para presentar o equipo do Club Ciclista Aquagest para a tempada 2007/2008. Na rolda tamén estarán Marcial Rodríguez, da Sociedade Xestora do Plan Xacobeo; Alfonso Luaces, director rexional de Aquagest; Ana Tejeiro, xerente de Aquagest en Santiago; e Juan Rey, director do CC Aquagest.

Compartir: