Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 31 de outubro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar a V Olimpiada Solidaria de Estudo. Na rolda estarán tamén Enrique Vázquez, coordinador dos Centros Socioculturais do Concello, e un representante do Servizo de Participación e Integración Universitaria.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e da presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Dominguez, para presentar a XXIII edición do premio Antón Fraguas.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración Tussa.

19.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto de inauguración do curso 2007-2008 da Escola Municipal de Música. Durante o acto, que terá lugar na sede desta entidade (rúa de Betanzos, 55. A Almáciga), presentarase o CD "Tomas Falsas", realizado polo profesorado e o alumnado da escola. Programa do concerto:
1. MUSETTE. (Tradicional Francia). Arreglo: Eva Pato.
Interpreta: Grupo de Música Tradicional da EMMSC.
2. RUMBA DO MAR. (Alberto Vila). Composición orixinal presentada no I Encontro de Creación Musical de alumnos da EMMSC.
Interpreta: Grupo de alumnos da EMMSC.
3. SLOW AIR. (Tradicional Irlanda). Arreglo: Antonio Ferreiro.
Interpreta: Orquestra da EMMSC.
4. VOSO GALO COMADRE. (Tradicional galega). Arreglo: M. GROBA.
Interpreta: Coro da EMMSC
5. NOBODY KNOWS YOU. (Eric Clapton). Arreglo: Montse Merino

20.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á asociación de veciños "Ponte do Romaño".

21.00 h.
Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á entrega de premios e clausura da V edición do festival Amal.

Compartir: