Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de outubro

11.00 h.
En Vigo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva do Eixo Atlántico.

11.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a XIII edicion dos premios Ánxel Casal. Tamén presentará o curso de animación á á lectura "As sete portas da memoria", que impartirá Federico Martín.

12.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de interés local.

Compartir: