Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 23 de outubro

11.45 h.
Na Praza do Obradoiro, o tenente de alcalde, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Europa é o Camiño, dedicada aos Itinerarios Culturais Europeos e ao Camiño de Santiago.

12.30 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto institucional de conmemoración dos vinte anos da declaración do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo.

14.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a un grupo de estudantes de posgrao da Universidade Anahuac de Xalapa (Veracruz, México).

18.30 h.
Na Casa do Concello, reunión da Comisión de Dirección do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto da Real Filharmonía baixo o título Concerto dos Itinerarios Culturais Europeos, que se enmarca dentro dos actos conmemorativos do vixésimo aniversario da declaración do Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo.

Compartir: