Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de outubro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Plan de Desestacionalizacion 2007-2008.

12.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao ministro de Asuntos Económicos e Comerciais de Israel, Amos Wohl.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Medio Ambiente, Ricardo García-Borregón, para presentar unha iniciativa relativa a esta área.

19.30 h.
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición Ernesto Guevara, Che. Un soldado de América, que organiza a Asociación Galego-Cubana "Francisco Villamil" coa colaboración da concellaría.

20.00 h.
Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o Festival de Cine Euro-Árabe Amal 2007.

Compartir: