Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 19 de outubro

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as 10 Microguías de Oportunidades de Negocio, que se enmarcan dentro do Plan de Excelencia Comercial.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h.
Na Casa de Europa (Finca Vista Alegre), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a sesión ordinaria do Consello de Administración da devandita entidade.

17.45 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España, Jaime Gil Aluja; ao asesor económico do Rei de Marrocos, Andrée Azoulay; e ao ministro de Transportes de Italia e ex reitor da Universidade de Regio Calabria, Alessandro Bianchi, tamén membros da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España. Durante a visita asinarán no Libro de Honra da cidade.

18.30 h.
No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación.

20.00 h.
No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a mostra "Galicia no Gravado Antigo".

20.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes nas V Xornadas APPATH "Profesionales de Psicoloxía Humanista e Análise Transaccional".

Compartir: