Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 25 de xaneiro

9.00 h.
Na Aula de Formación da Cámara de Comercio, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, inaugura a cuarta fase do proxecto Equal Compostela Social.

11.30 h.
Colocación da primeira pedra para o inicio das obras de saneamento da conca do río Aríns, proxecto financiado polo Concello de Santiago, Xunta de Galicia e o Fondo de Cohesión da Unión Europea. O acto estará presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Punto de encontro: Local Social de Aríns (Rúa San Martiño, 16).
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.10 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos clubes que participan no Torneo Europeo de Clubes Campións de Copa de Fútbol Sala.

12.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Artur Trillo, Toño Casais e Avelino González, de Talía Teatro, para presentar a función especial número 200 de Bicos con Lingua, que se fará no Teatro Principal o sábado ás 21.00 h. Haberá outra función tamén o domingo á mesma hora.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Proposta da concelleira delegada de Benestar Social relativa á ahesión da Corporación Municipal ao documento "consideracións e propostas á Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia".
3. Renuncia do señor concelleiro Don Luís Toxo Ramallo.
4. Renuncia do señor concelleiro Don Xaquín M. Fernández Leiceaga.
5. Dar conta de sentenzas xudiciais.
6. Dar conta de resolucións da Alcaldía e da Xunta de Goberno Local.
7. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
8. Rogos e preguntas.

19.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción ao Foro Compostela "Mulleres na Investigación".

21.00 h.
No Multiusos Fontes de Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido de fútbol sala entre o Lobelle e o Aktyubrentgen, dentro do Torneo Europeo de Clubes Campións de Copa de Fútbol Sala.

Compartir: