Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de xaneiro

12.00 h.
No hotel Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación da "Volta Ciclista da Ascensión 2007".

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, e de Laura Piccirillo, da ONG Coopera, para facer balance da "IV Olimpiada Solidaria de Estudo".

12.30 h.
Na galería sargadelos, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o curso de formación para o profesorado "A Historia que vivimos", organizado pola Asociación Sine Nomine e o Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, coa colaboración do Concello de Santiago. Na rolda tamén estarán Mercedes González, en representación de Sine Nomine, e Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, responsable de comunicación de Nova Escola Galega.

Compartir: