Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 15 de xaneiro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o Ciclo de Cinema "Dereitos Humanos", que se celebra do día 15 ao 21 no Teatro Principal.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

20.30 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Consello Económico e Social.

Compartir: