Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a programación da Concellaría para este mes de outubro.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
En Fonseca, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura do curso universitario.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón de Convencións do Hotel Araguaney, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da VII Edición do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal.

Compartir: