Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de decembro

10.30 h.
No Teatro Principal, Pase de prensa de Buzos haciendo Surf. Un documental sobre Surfin’ Bichos.

10.30 h.
Na Casa do Concello, constitución do Consello Sectorial de Turismo.

12.30 h.
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; do director de Cineuropa, José Luis Losa; e de Rogelio Abraldes, director de Buzos haciendo Surf. Un documental sobre Surfin’ Bichos que se proxecta en Cineuropa os días 1, 2 e 3 de decembro.

12.45 h.
Na Casa do Concello, sinatura do protocolo marco de colaboración entre a Fundación Compostela Deporte e os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Teo, Oroso, Vedra e O Pino. O acto contará coa presenza do alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo; do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña; e dos alcaldes e concelleiros de Deportes dos concellos de Ames, O Pino, Oroso, Teo e Vedra.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

17.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

20.00 h.
Na Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Catro tempos: 1970-2008. Fotografías de Alfredo Cunha".

Compartir: