Previsións informativas para o martes 8 de outubro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, do alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e da concelleira de Benestar Social de Ames, Luisa Feijoo, para presentar o V Camiño da Diversidade, organizado pola Fundación INGADA. Na rolda tamén estará Claudia Balado, psicóloga da Fundación.
12.00 h
En San Caetano (Consellería de Política Social), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reúnense coa conselleira, Fabiola García. (GRÁFICOS ao comezo. Declaracións ao remate).
19.00 h
No Salón Nobre, recepción a Borja Golán, subcampión de Europa de squash.
19.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación veciñal e cultural Monte de Deus.