Previsións informativas para o xoves 8 de novembro
10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o programa "A Compostela Verde chega aos barrios". Na rolda tamén participarán Luis Incera, Marcos Regueiro, e Miguel Lois Barreiro, técnicos de Ferrovial.
11.00 h
No Auditorio de Galicia, "O Crebanoces" de Chaikovski, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia e a compañía de monicreques Per Poc.
11.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, con motivo da celebración dos 40 anos das Aulas de Galicia.
11.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras Noa Morales, María Corral, Milagros Castro e Goretti Sanmartín para dar conta do acordo para o cambio de nome do Estadio Municipal de San Lázaro.
13.00 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro Xan Duro asiste á inauguración do III Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada.
16.15 h
No Centro Cívico das Fontiñas, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, inaugura as Xornadas técnicas sobre delitos contra a integridade sexual, organizada dentro da campaña En negro contra as violencias.
18.15 h
No Salón Teatro, Germán Teijeira e Roberto Suárez presentan o seu filme Ojos de Madera, dentro do festival Cineuropa. Haberá coloquio.
20.15 h
No Teatro Principal, Cerimonia de Entrega do Premio Cineuropa a Isaki Lacuesta. Participan no acto o premiado; o tenente de alcalde Jorge Duarte; a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; e o director do festival, José Luis Losa.
Compostela Ilustrada
13.00 h
Inauguración da exposición "Unha ollada natural", de Carlos Silvar, na Galería
Sargadelos. Recepción de participantes cun viño galego.
16.30 – 18.00 h
Ana Luisa Frãzao debuxa o río Sarela, no Carme de Abaixo.
Joaquín González Dorao debuxa no Pub Momo.
Isabel Carmona debuxa no Xardín das Pedras que Falan (Fonseca).
19.30 h
Presentación do libro Valdeorras de Miguelanxo Prado no espazo enocultural Vide Vide.
Cineuropa
Toda a programación en cineuropa.gal.