Previsións informativas para o mércores 24 de outubro
11.00 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o V Congreso Nacional de Áridos.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar "Talentia 2018. Espazos abertos para o emprego".
19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos membros de Protección Civil de Santiago.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Territorios de intimidade. Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975", comisariada por Rosario Sarmiento, que tamén participa na inauguración, xunto coa concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e algunhas e algúns dos prestadores públicos e privados.
20.00 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da Semana de Cine Euroárabe AMAL.