Previsións informativas para o mércores 17 de outubro
10.00 h
En San Caetano, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
10.15 h
O concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños mantén un encontro cos medios de comunicación na rúa Concheiros coas escaleiras de Triacastela.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e da presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, para presentar a XI edición de Santiago(é)tapas.
17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no IV Congreso anual BNI España CNM.
20.00 h
En Área Central, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do 25 aniversario do centro.
XXIII Festival Internacional Galicreques 2018
Toda a programación en galicreques.com