Previsións informativas para o luns 3 de abril
10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Matrioshka Teatro presenta ‘Manawee’, dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cunha delegación de responsables de cooperación do Concello de Tecoluca (El Salvador).
11.15 h
En San Lázaro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á tradicional poxa das Uñas.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
No CEIP Raíña Fabiola, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á presentación da iniciativa Aquoloxía.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Marta Lois para presentar o número de abril de Compostelánea.
13.00 h
Na praza da Igrexa de San Lázaro, concerto da Banda Municipal de Música con motivo da Festa da Uña. Dirixido por Casiano Mouriño.
20.00 h
No LSC de Cesar, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, mantén unha xuntanza coa veciñanza da zona sobre a regularización catastral.