Previsións informativas para o martes 5 de decembro
10.00 h
Na Sala Númax, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao último encontro dos "Almorzos do Bo Facer".
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.15 h
No Parque Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de reposición da escultura de José Martí.
12.00 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Mostra e Arte en Escaparates "Paseart.e", que organiza Santiago Centro.
12.30 h
Na praza da Constitución (detrás do Parlamento), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de descubrimento da placa en memoria de Miguel Ángel Blanco e demais persoas vítimas do terrorismo.
18.30 h
No Teatro Principal, a compañía rioxana El Perro Azul representa "Peter Pan e Wendy", un espectáculo de teatro-danza para todos os públicos. Entrada 7 euros.