Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 4 de decembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Medio Rural, Rafael Peña, para presentar o proxecto Compostela CULTrURAL. Na rolda tamén estarán os organizadores Paco Macías e Antón Mascato.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a programación de Nadal 2017.