Previsións informativas para o mércores 6 de marzo
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o VI Ciclo de Jazz 1906. Estará acompañado por Juan Paz, brand manager de 1906 e Carlos López, director artístico e coordinador musical do ciclo.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Muller, María Castelao, para presentar os actos con motivo do 8 marzo, Día Internacional da Muller.
17.30 h
No Cersia (San Lázaro), a concelleira de Educación, María Castelao, reúnese co presidente da Federación de ANPAS de Santiago, Fernando Lacaci.
18.00 h
Da praza do Hospitaliño, en San Roque, saída da nova ruta didáctica do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela", nesta ocasión "As casas da cidade".
20.30 h
Microteatro na Regadeira de Adela. Primeiro asalto da obra "Faust Box" de UT-Tópico Teatro, que poderá verse completa no Teatro Principal no mes de abril.
21.00 h
Na zona C de Bonaval, concerto de Rubén Pozo (Barcelona) dentro da xira 'Menos es más', unha chiscadela que fai referencia a que estará acompañado no escenario só por unha guitarra (Íntimo&Acústico).