Previsións informativas para o luns 24 de setembro
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, de Obras e Infraestruturas, María Castelao, e de Benestar Social, Paula Prado, para presentar o proxecto do centro sociocultural do Romaño.
12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o embaixador da Federación de Rusia en España, Yuri P. Korchagin.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a VIII Semana Cultural da Rocha, organizada pola Concellaría en colaboración coa Asociación Cultural A Rocha Forte e co apoio doutras entidades.
12.30 h
Na Carballeira de San Lourenzo, a concelleira de Benestar Social e Muller, Paula Pado, visita o edificio destinado a CRI (Centro de Recuperacion Integral para mulleres que sofren maltrato).
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.
18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese coa presidenta de AGADEA María Isabel Gey Pérez.
20.30 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do II Festival Peregrinos Musicais.