Previsións informativas para o sábado 28 de abril
9.45 h
Saída desde o CSC de Conxo dun roteiro micolóxico polos montes da contorna do barrio guiado por José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo. Xa pola tarde, ás 18.30 h, o mesmo José María Costa impartirá a conferencia Setas de primavera: Ascomycetes.
13.00 h
No Paseo Central da Alameda, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da XXXI Edición da Feira do Libro.
19.00 h
No Auditorio de Galicia, proxección de 'Exit through the gift shop' (Bansky, 2010) dentro do ciclo 'Cine Europeo en Ruta'.
20.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao partido do Lobelle.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, proxección de 'El esfuerzo y el ánimo' (Arantxa Aguirre, 2009) dentro do ciclo 'Cine Europeo en Ruta'.
20.30 h
Na Zona "C" Ars Artis presenta 'Será o meu propio paraíso' con Lucas Herrador e Olga Abad.
21.00 h
No Teatro Principal, Provisional Danza presenta 'Ni ogros ni princesas' con coreografía e dirección de Carmen Werner.