Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 9 de marzo

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o servizo de información social "INFÓRMA-T", dentro da iniciativa europea Urbana Santiago Norte.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar os actos con motivo do Día Mundial do Ril, que se celebra o xoves 10 de marzo.

12.00 h
En Vista Alegre, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, visita as obras da ARI (Área de Rehabilitación Integral) de Vista Alegre.
Punto de encontro: nº 6 da rúa de Santa Uxía de Ribeira.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h da Praza do Obradoiro.

13.00 h
No Salón de Graos do Pazo de San Xerome, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á toma de posesión do decano da Facultade de Medicina, Juan J. Gestal Otero.

13.00 h
Na rúa do Hórreo (entrada do Parlamento de Galicia), declaracións aos medios do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a comisión executiva da devandita entidade.

18.30 h
No CSCXM do Ensanche, Enterro da Sardiña. Velorio e acoompañamento á queima do Meco na Praza Roxa.
ANTROIDO 2011
20.00 h
ACOMPAÑAMENTO DO MECO polas comparsas e participantes no Antroido
(PRÉGASE AOS ACOMPAÑANTES VISTAN DE RIGOROSO LOITO PARA A OCASIÓN)
dende a Praza do Toural ata a Praza Roxa
facendo o percorrido seguinte: Rúa Nova, Rúa do Vilar, Rúa da Senra, Doutro Teixeiro e República do Salvador para rematar na Praza Roxa.
21.00 h
QUEIMA DO MECO e animación.
Acompañamento: BANDA DE PONTECESO. Animación: VOLTA E DALLE: Peccata minuta
Praza Roxa

Compartir: