Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 31 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de abril.

12.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa nos actos programados pola Asociación Española contra o Cancro con motivo da celebración do Día Mundial contra o cancro de colon.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Renuncia ao cargo de concelleiro de Don Ángel Espadas Diez.
3. Aprobación definitiva do plan especial de ordenación, mellora medioambiental e acondicionamento das Brañas de Sar (PE-3R).
4. Aprobación inicial da modificación do Regulamento de venda ambulante.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa á constitución dunha comisión de investigación en relación coa filtración aos medios de comunicación de atestado da Policía Local.
6. Proposición do grupo do BNG relativa a instar á Xunta de Galicia a dotar á Escola Oficial de Idiomas de Santiago dunha nova sede.
7. Proposición do grupo do BNG relativa á creación dun novo xulgado do contencioso administrativo en Santiago de Compostela.
8. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave con David Fernández Alonso, trompa.

Compartir: