Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 11 de marzo

11.00 h
Na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura xunto co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez Díaz, a exposición sobre a conmemoración do 125 aniversario da declaración de Monforte como cidade.

11.00 h
Na sala circular do Auditorio de Galicia, sesión extraordinaria de constitución da Mesa local de comercio do Concello de Santiago de Compostela. Preside o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias. Entidades asistentes: Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, do Concello de Santiago: concelleiros/as delegados/as das seguintes áreas: Urbanismo e Vivenda; Sanidade, Consumo e Mercados; Seguridade Cidadá e Circulación Viaria; Mobilidade e Transportes; Rehabilitación e Casco Históricon; Obras e infraestruturas; Participación Cidadá e Festas, e ademais unha representación por cada un dos grupos municipais; Cámara de Comercio; Federación de comercio da provincia da Coruña; Asociación Área Empresarial do Tambre; Fundación Santiago Centro, Área Comercial; Asociación de Empresarios e profesionais CCA Compostela Monumental; Agrupación de comerciantes de Santiago (ACOTES); Mercado de Abastos de Santiago, S. Coop. G; Ourives de Compostela; Unión de consumidores europeos de Galicia. Euroconsumo Galicia; Unión de consumidores de Galicia (UCGAL); Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia (ADICAE).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Casco Histórico e Rehabilitación, Olga Pedreira, para presentar o convenio de rehabilitación e posta en valor do Castelo da Rocha Forte.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No CSC de Vite, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste á inauguración da exposición de DORO. Isidoro Rodríguez Vázquez. Asistirá tamén o rpopio autor.

20.15 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá un encontro cos veciños de Rosalía de Castro – A Choupana trala reurbanización do entorno.
Punto de encontro: diante do Hotel Peregrino.

21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, o Centro Coreográfico Nacional de Caen / Baixa Normandía presenta Manta con coreografía de Héla Fattoumi e Eric Lamoureux; creación sonora e vídeo de Eric Lamoureux; vestiario de Marilyne Lafay; e escenografía de Stephane Pauvret. O espectáculo enmárcase no ciclo SCQ Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá con Luis Fernando Pérez ao piano .

Compartir: