Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de marzo

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o director da residencia Tenente Xeneral Barroso, coronel Manuel García Vilamea.

12.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a sétima edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e do xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros, para presentar a XI Campaña de Animación á Lectura "A Familia C".

17.00 h
No CSC das Fontiñas, saída da Visita Cultural guiada ao Museo e igrexa de San Martín Pinario.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Actividades saudables con Ximnasia: movemento creativo dentro do programa do Club dos Maiores.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de homenaxe a oito mulleres organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade con motivo do Día Internacional da Muller.

20.00 h
No LSC de Amio, NNC Teatro presenta Peza para dous actores dentro do programa Asómate ao Entroido.

Compartir: