Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 16 de xuño

11.00 h
Na Avenida de Barcelona, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Insignia de Ouro da USC no marco do acto formal de entrega e recepción do Edificio do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas.

12.00 h
No Paseo Central da Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de presentación de "MOVILAB. Súbete á Ciencia", un laboratorio móbil que ten como obxectivo achegar a ciencia a todos os públicos. É unha iniciativa do CSIC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e a Fundació Padrosa, coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Santiago de Compostela.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Elvira Cienfuegos, para presentar A Feira do Sol que se celebra o vindeiro sábado 19 de xuño na Alameda.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

16.00 h
Na Praza do Toural, Concerto da Escola Estudio, dentro das actividades programadas con motivo do Día Europeo da Música, que se conmemora o día 21 de xuño. Organiza a Concellería de Educación.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a nova xunta directiva da Asociación de Veciños Monte do Gozo.

Compartir: